AS ENERXÍAS DO PLANETA

As enerxías do planeta


Resultado de imaxes para energias renovables




Acabo de ver un documental de ODISEA no cal falanos das enerxías do planeta, os seus usos e aplicacións, maneiras de sustituír, as distintas obtencións delas etc... Pois resulta que como seres humans podemos ir sustituíndo algunhas por outras xa que para obter a maioría delas necesitamos desgastes de algúns materiais que conseguimos do noso propio planeta(enerxías non renovables); auga, carbón, radiación... Pero tamén existen as renovables que son por exemplo as placas solares, os eólicos, etc...

O que máis me gustou do documental foi o novo método de conseguir máis intensidade de enerxía coa luz solar. Este método trata de fabricar unha bola de cristal que conteña auga dentro e que, cando lle dea o Sol, esta faiga efecto con el e concentre un raio con moita máis intensidade da que se pode obter só colocando placas solares.

Mais por outra banda non me gustou nada o método de obtención de enerxía con algas mariñas xa que produce pouca enerxía en relación con países de grandes masas como Francia, pois esta enerxía ven moi ben para islas do calibre de Ibiza.

Aquí en España, por exemplo, temos un gran problema político que está relacionado coas placas solares, pois o goberno quere que paguemos impostos por desgaste do Sol. E penso que isto é completamente inxusto xa que o sol é de todos e predise que este durará sobre 5000 anos, osexa que de momento non hai presa. Para min esta lei hai que reformala, ademáis as placas fotoboltaicas xa son caras de por si.

En resumo, si queremos salvar o planeta e ademáis seguir tendo enerxía para ver a televisión, usar ordenadores e ter polo menos luz na casa haberá que recurrir ás enerxías renovables...

información aqui: https://www.youtube.com/watch?v=fgtdLRMP1O4&list=PL4q2gSZL3-yMBD2QhHkXRNQ9D2cbvjUKc&index=9&t=0s

Comentarios

Publicacións populares